Concello de Vigo. Ampliación do prazo para acadar a aprobación provisional do PXOM en revisión
Publicada el 02/10/23

DOG Nº 187 DE 2/10/23. Anuncio da ampliación do prazo para acadar a aprobación provisional do documento de revisión do Plan xeral de ordenación municipal.

30/08/2023: A Conselleira Delegada da Área de Goberno de Urbanismo e Vivenda do Concello de Vigo, mediante resolución do 29 de agosto de 2023, acordou: “suspender o transcurso do prazo para acadar a aprobación provisional do PXOM en revisión polo tempo que medie entre o 28/08/2023 e a data de recepción da declaración ambiental estratéxica por parte da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostenibilidade e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, cun prazo máximo de 3 meses".

BOP Pontevedra nº 151 7/08/23. Suspensión do transcurso do prazo para acadar a Aprobación provisional do PXOM.

07/07/2023: A Concelleira Delegada da Área de Goberno de Urbanismo e Vivenda do Concello de Vigo, mediante resolución do 4 de xullo de 2023, acordou “suspender o transcurso do prazo para acadar a aprobación provisional do PXOM en revisión polo tempo que medie entre o día no que se realizou o derradeiro envío de documentación requerido pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, 29 de xuño de 2023, e a data de recepción do informe solicitado, cun prazo máximo de 3 meses”.