Actualización do Plan Básico Autonómico de Galicia
Publicada el 23/12/22

DOG Nº 242 – 22/12/22: Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda. Resolución do 15 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se aproba a terceira actualización do Plan Básico Autonómico de Galicia.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 26 de xullo de 2018, de conformidade co disposto nos artigos 50.8 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 102.8 do Regulamento da dita lei, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, acordou aprobar definitivamente o Plan básico autonómico de Galicia (en diante, PBA), integrado polos seguintes documentos:


a) Memoria xustificativa dos seus fins, obxectivos e determinacións.
b) Planos de delimitación dos ámbitos de aplicación dos instrumentos de ordenación do territorio.
c) Planos de delimitación das afeccións sectoriais.
d) Plano de identificación dos asentamentos de poboación.
e) Ordenanzas tipo de edificación e uso do solo.
f) Catálogo.

Ficheros
  • No hay ficheros en esta noticia.
Relaciones
  • No hay relaciones en esta noticia.