O Consello Galego de Aparelladores tacha de "Inaceptable" a ralentización do proceso de concesión de licenzas
Publicada o 28/03/21

Nunha reunión coa Administración autonómica para abordar o pacto de vivenda, o Presidente do Consello Galego de Aparelladores e Arquitectos Técnicos, Pelayo C. Eyo Valladares, recordou a Conselleira de Medio Ambiente, e ao Director Xeral do IGVS, que a lei do Solo Galicia fixa un prazo máximo de tres meses para a concesión de licenzas municipais.Nota Prensa

O Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos tachou de "inaceptable" a retardación do proceso de concesión de licenzas urbanísticas, "que tarda entre 18 e 20 meses, por parte da maioría de concellos da comunidade autónoma de Galicia".

 

Nun comunicado, a organización, que representa aos Colexios de Arquitectura Técnica da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, destacou "a importancia capital" deste tipo de licenzas para o desenvolvemento e execución do Plan Social pola Vivenda 2021-2025 impulsado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Ambiente, Infraestruturas e Vivenda.

 

O Presidente do Consello Galego, Pelayo C. Eyo Valladares, lembrou á conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e ao director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García Porto, que a lei do solo de Galicia fixa un prazo máximo de tres meses para a concesión de licenzas municipais.

 

"Hoxe o tempo medio de concesión establécese entre 18 e 20 meses. Nunha sociedade moderna e competitiva esta demora é inaceptable", indicou Valladares.

Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta noticia.
Relacións
  • No hay relacións en esta noticia.