Plan Nacional de Enerxía e Clima
Publicada o 28/03/21

O Plan Nacional de Enerxía e Clima, propón aumentar o número de vivendas rehabilitadas, das 30.000 actuais, ata as 300.000 viviendas o ano no 2030, mantendo ese ritmo ata o 2050. Podes atopar unha fotografía da situación actual do parque edificado en España, no informe redactado polo Consello Xeral da Arquitectura Técnica de España: Informe Rehabilitación Enerxética en España.

O que significa a actuación sobre más de 7 millons de vivendas existentes nos próximos 30 anos, un reto de dimensions nunca vistas. Un reto por outra banda moi necesario, pois máis da metade das vivendas existentes son moi deficientes en canto a consumo enerxético refírese.

O Conseguir esa cifra de vivendas rehabilitadas non será sinxelo e necesitaremos a colaboración de todos os axentes involucrados. Unha primeira e inestimable axuda, son as subvencións públicas, tanto as xa existentes como o coñecido PREE (Programa de Rehabilitación Enerxética de Edificios) dotado con máis de 300 millóns de euros, xestionado polas Comunidades Autónomas e Coordinado polo IDAE, como as futuras correspondentes aos fondos de recuperación europeos, que dotasen con 5.320 millóns o plan de rehabilitación e rexeneración urbana que pretende a renovación de barrios enteiros e a actualización de 500.000 vivendas no próximos tres anos, máis outros 1.000 millóns que estarán integramente dedicados á renovación de edificios e propiedades da Administración Xeral do Estado, co obxectivo de alcanzar reducións de máis do 30% da emisións de gases de efecto invernadoiro, enfocando as axudas especialmente cara a usos sanitarios e docentes.

O Desde a profesión da Arquitectura Técnica queremos poñer ao dispor da sociedade todos os nosos recursos e capacidades para lograr este gran reto, por iso desenvolvéronse iniciativas como a Calculadora Enerxética, a Guía para un edifico saudable e o informe sobre a rehabilitación enerxética, entre outras. Tamén desde os Colexios Profesionais coordínase formación avanzada en novas tecnoloxías e sistemas, para que os Arquitectos Técnicos, xa idóneos pola súa formación para converterse en xestores, asesores e directores destas rehabilitacións, presten o mellor servizo profesional posible.

O Exposto todo o anterior, desde esta institución poñémonos ao voso servizo para calquera aclaración complementaria e para colaborar conxuntamente no reto que nos ocupará e preocupará os próximos 30 anos.

Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta noticia.
Relacións
  • No hay relacións en esta noticia.