Jornada técnica
PORTADAEVENTO

calendario

Nov

19

Xornada Modificación do Código Técnico de Edificación, Santiago de Compostela

 

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

D.O.G. Nº 208      31/10/19

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2019 pola que se convoca a xornada Modificación do Código técnico de edificación, martes, 19 de novembro de 2019, horario: de mañá. Lugar: Escola Galega de Administración Pública. Rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela. Duración: 5 horas lectivas. Número de prazas: limitado pola capacidade do local.

O obxectivo principal desta xornada é informar o persoal técnico responsable de proxectos e obras de edificación sobre as próximas modificacións do Código técnico de edificación (CTE), que afectan algúns dos seus documentos básicos e que supoñen a actualización das referencias normativas destes. O prazo para a inscrición estará aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 14 de novembro de 2019.

As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula  desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.